RIBADEO e LOURENZÁ: do 27 ao 31 de agosto

11) “RINLO, O PARAÍSO EN RIBADEO”, 27 de agosto do 2020 con Pedro Rolle e Guido Álvarez.

Pedro Rolle é Guía de Natureza. Así como Técnico en traballos forestais e Técnico en conservación do medio natural. Formador ocupacional, capataz agrícola e forestal. Profesional apaixonado e traballador que coñece especialmente ata o último recuncho Alfoz e O Valadouro. Moi coñecido en toda A Mariña polo seu proxecto persoal “O Freixo Dos Lobos, Ecoturismo e Natureza” que ten como obxectivo concienciar á poboación da importancia de conservar e respecta-lo medio ambiente. Poñendo en valor os recursos naturais mediante o coñecemento da súa contorna. Ten catro anos de experiencia como organizador e guía-intérprete en roteiros, talleres de natureza e charlas sobre medio ambiente, nos espazos naturais protexidos de A Mariña Lucense.

Redes sociais e páxina web: 

Facebook: O Freixo dos Lobos Ecoturismo e Natureza.

Instagram e Twitter: @ ofreixodoslobos.

Guido Álvarez é Guía Oficial de Turismo de Galicia acreditado en 5 idiomas (inglés, francés, italiano, castelán e galego). Diplomado en Turismo (UDC), e con Máster Interuniversitario Oficial en Xestión e Planificación do Turismo (USC) e Máster Europeo en Paisaxes Culturais (Universidades Jean  Monnet, Federico II e  Stuttgart). Posúe 16 anos de experiencias laborais e académicas no mundo do Turismo,  incluídos 4 anos no estranxeiro (Inglaterra, Francia, Italia e Alemaña).

Redes sociais e páxina web: 

Facebook:  Guido Guía.

Instagram e Twitter: @ guidoalvarezp.

Páxina web: www.guidoalvarezparga.com

“Rinlo o paraíso en Ribadeo” é un roteiro de trazado circular, no que gozaremos da fauna, flora e historia de Rinlo. Situado na costa Lucense, o pobo de Rinlo é un dos poucos que conserva a súa costa tal e como a tiña hai un século. De carácter predominantemente mariñeiro, foi transformando a súa economía cara ao turismo. Son innumerables os tesouros que encerra este pequeno e acolledor pobo costeiro. É un antigo porto baleeiro. Ten as cetarias naturais máis antigas da península. E ademais conta cos “ ollos”, formacións xeolóxicas naturais, precursoras dos arcos que se observan na praia de As Catedrais.

Municipio: Ribadeo.

Data: 27 de agosto del 2020.

Hora de inicio: 10:00 hs.

Duración: 3 horas e media.

Lugar de inicio: Aparcamento. Coordenadas: 43°33’30.0″N 7°06’19.4″W

Dificultade: Baixa.

Observacións:  Uso de roupa e calzado cómodo (non fai falta impermeable, non imos andar por zonas  encharcadas). Gorra e crema solar (zona de montaña aberta). Auga. Prismáticos e en caso de ter algún libro de fauna (aves, insectos) e/ou flora.

Prazas dispoñibles: 25.

12)“LOURENZÁ, A TERRA DO CONDE SANTO”, 28 de agosto do 2020 con Pedro Rolle e Guido Álvarez.

Pedro Rolle é Guía de Natureza. Así como Técnico en traballos forestais e Técnico en conservación do medio natural. Formador ocupacional, capataz agrícola e forestal. Profesional apaixonado e traballador que coñece especialmente ata o último recuncho Alfoz e O Valadouro. Moi coñecido en toda A Mariña polo seu proxecto persoal “O Freixo Dos Lobos, Ecoturismo e Natureza” que ten como obxectivo concienciar á poboación da importancia de conservar e respecta-lo medio ambiente. Poñendo en valor os recursos naturais mediante o coñecemento da súa contorna. Ten catro anos de experiencia como organizador e guía-intérprete en roteiros, talleres de natureza e charlas sobre medio ambiente, nos espazos naturais protexidos de A Mariña Lucense.

Redes sociais e páxina web: 

Facebook: O Freixo dos Lobos Ecoturismo e Natureza.

Instagram e Twitter: @ ofreixodoslobos. 

Guido Álvarez é Guía Oficial de Turismo de Galicia acreditado en 5 idiomas (inglés, francés, italiano, castelán e galego). Diplomado en Turismo (UDC), e con Máster Interuniversitario Oficial en Xestión e Planificación do Turismo (USC) e Máster Europeo en Paisaxes Culturais (Universidades Jean  Monnet, Federico II e  Stuttgart). Posúe 16 anos de experiencias laborais e académicas no mundo do Turismo,  incluídos 4 anos no estranxeiro (Inglaterra, Francia, Italia e Alemaña).

Redes sociais e páxina web: 

Facebook:  Guido Guía.

Instagram e Twitter: @ guidoalvarezp.

Páxina web: www.guidoalvarezparga.com

“Lourenzá, a terra do Conde Santo” é un roteiro circular de 3´6km. Lourenzá é famosa por un tesouro culinario, a “ faba de Lourenzá”. Situada entre os municipios de Barreiros e Mondoñedo, alberga no seu patrimonio xoias do barroco, mosteiros, pazos, etc. Ademais do camiño norte do Camiño de Santiago. Por ser terra de labradores e estar máis influenciada polo mar (máis que outros municipios do interior da Mariña Lucense) a súa flora e fauna son moi diversas. Natureza, historia e patrimonio xúntanse neste roteiro, para facer dela unha das máis completas da comarca.

Municipio: Lourenzá.

Data: 28 de agosto del 2020.

Hora de inicio: 10:00 hs.

Duración: 3 horas.

Lugar de inicio: Praza Linares Rivas, Travesía da Mariña 1 (Lourenzá).