
17 Ago TRABADA, MONDOÑEDO e A PONTENOVA: do 23 ao 26 de agosto
8) “FRAGA DE VILAPENA, TRABADA”, 24 de agosto do 2020 con Óscar Chao.
Óscar Chao é Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Posúe un Máster en Xestión de Sistemas Costeiros e Mariños pola Universidade Autónoma de Barcelona. É Profesor de Bioloxía e Xeoloxía de Educación Secundaria e Bacharelato. Dende o ano 2017 é Coordinador do Proxecto Rebinxe e presidente da “Asociación Rebinxe: pola recuperación da biodiversidade”, organización sen ánimo de lucro centrada no estudo e conservación da fauna e flora locais. Polo seu traballo ou ben desinteresadamente, participa e organiza charlas e exerce como guía en roteiros de observación de fauna e interpretación de ecosistemas dende 2012.
Redes sociais y páxina web:
Facebook: @Proxecto Rebinxe1
Instagram: proxecto_rebinxe
“Fraga de Vilapena, Trabada” é un roteiro de interpretación dun bosque húmido cantábrico. Iniciación á busca e interpretación de indicios de presenza de fauna silvestre (pegadas, excrementos, depredación, etc). Durante a ruta poderemos observar a flora atlántica característica dun bosque húmido, así como comprobar a presenza de diferentes especies animais, normalmente esquivas e de hábitos nocturnos, a través de cámaras de foto-trampeo.
Municipio: Trabada.
Data: 24 de agosto do 2020.
Hora de inicio: 10:00 hs.
Duración: 2 horas e media.
Lugar de inicio: Vilapena (Trabada). Coordenadas: 43.408785, -7.219400
Dificultade: Media.
Observacións: Recomendable levar auga, crema solar e repelente de insectos. Suxírese levar roupa axeitada, con pantalón longo e botas de montaña. Debido á situación sanitaria derivada do SARS-Cov2, ofrecerase material de consulta e información da ruta para descargar a través de código QR, polo que se o desexan deberán ter instalada nos seus dispositivos unha app de lectura de códigos.
Prazas dispoñibles: 15.
9)“FRAGA VELLA, MONDOÑEDO”, 25 de agosto do 2020 con Óscar Chao.
Óscar Chao é Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Posúe un Máster en Xestión de Sistemas Costeiros e Mariños pola Universidade Autónoma de Barcelona. É Profesor de Bioloxía e Xeoloxía de Educación Secundaria e Bacharelato. Dende o ano 2017 é Coordinador do Proxecto Rebinxe e presidente da “Asociación Rebinxe: pola recuperación da biodiversidade”, organización sen ánimo de lucro centrada no estudo e conservación da fauna e flora locais. Polo seu traballo ou ben desinteresadamente, participa e organiza charlas e exerce como guía en roteiros de observación de fauna e interpretación de ecosistemas dende 2012.
Redes sociais y páxina web:
Facebook: @Proxecto Rebinxe1
Instagram: proxecto_rebinxe
“Fraga Vella, Mondoñedo” é un roteiro de interpretación de ecosistemas característicos da Serra do Xistral. Iniciación á busca e interpretación de indicios de presenza de fauna silvestre (pegadas, excrementos, depredacións, etc). Veremos turbeiras húmidas e a súa flora asociada, mandas de cabalos salvaxes, bosques de acivros… Poderemos comprobar a presenza de diferentes especies animais, normalmente esquivas e de hábitos nocturnos, a través de cámaras de foto-trampeo.
Municipio: Mondoñedo.
Data: 25 de agosto do 2020.
Hora de inicio: 10:00 hs.
Duración: 2 horas e media.
Lugar de inicio: Parroquia de Estelo (Mondoñedo). Coordenadas: 43.435157, -7.430200.
Dificultade: Media.
Observacións: Recomendable levar binoculares, crema solar e repelente de insectos. Suxírese levar roupa axeitada, con pantalón longo e botas de montaña, e auga. Debido á situación sanitaria derivada do SARS-Cov2, ofrecerase material de consulta e información da ruta para descargar a través de código QR, polo que se o desexan deberán ter instalada nos seus dispositivos unha app de lectura de códigos.
Prazas dispoñibles: 15.
10)“XEORUTA DO FERRO, A PONTENOVA”, 26 de agosto do 2020 con Francisco Canosa.
Francisco Canosa é Licenciado en xeoloxía pola Universidade de Salamanca e Doutor en xeoloxía pola Universidade de Oviedo. Cursou un Máster en Recursos Xeolóxicos e Xeotécnia e é director científico do proxecto “Xeoparque do Cabo Ortegal”. Conta con 20 anos de experiencia como guía en saídas xeolóxicas e docencia de xeoloxía en diferentes niveis educativos e universitarios ás súas costas. É creador e coordinador de “ Georutas” nos concellos de Ribadeo, Burela, Cedeira, Moeche, Ortigueira, O Vicedo, San Sadurniño e Nigrán. Ademais de socio da AEPECT (Asociación Española para o Ensiño das Ciencias da Terra) e da Sociedade Xeolóxica de España. Organizador do “Geolodía” en Galicia desde o 2013. Membro da Comisión de Patrimonio Xeolóxico do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España. Colaborador e docente nos Centros de Formación e Recursos de Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Autor de diferentes publicacións no ámbito da divulgación da xeoloxía de Galicia.
Redes sociais e páxina web:
Facebook: Francisco Canosa.
Instagram: @francanosageologo.
Página web: https://rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com.es
Falar da Pontenova é falar de ferro, unha intensa actividade mineira foi no seu momento o gran motor económico desta parte da Mariña lucense. Esta “Xeoruta do Ferro, A Pontenova” achegaranos á orixe das rocas que forman este lugar, así como cando, como e porque se acumulou tal cantidade de ferro nas montañas da Pontenova.
Municipio: A Pontenova.
Data: 26 de agosto do 2020.
Hora de inicio: 10:00 hs.
Duración: 3 horas.
Lugar de inicio: Fornos da Pontenova (O Pontenova).
Dificultade: Media.
Observacións: Uso de roupa e calzado cómodo. Gorra e crema solar ou chaqueta impermeable (roupa acorde coa meteoroloxía do día). Auga.
Prazas dispoñibles: 15.