“Roteiro Cunqueiriano, MONDOÑEDO” 26 de setembro

O pasado 26 de setembro foi a última xornada de “A Mariña en Ruta” co “Roteiro  Cunqueiriano”. Unha camiñata cultural polo centro histórico da vila en homenaxe ao emblemático escritor de Mondoñedo, Álvaro Cunqueiro. Como non podía ser doutra maneira o roteiro foi guiado por Claudia del Pino que ademais de ser guía oficial de Galicia, coñece ao detalle a vida e obra deste mestre da narrativa.

Comezamos a visita na preciosa “Fonte Vella”, falando da casa natal de Cunqueiro, “A  Barbería do Pallarego” e da “Botica do pai de Cunqueiro”. Desde aí achegámonos ata o “Seminario de Santa Catalina”, un lugar crave que a pesar de que non contou con Cunqueiro como alumno, influenciou enormemente ao escritor na súa formación. 

Despois camiñamos entre rúas ata a praza da Catedral, onde aproveitamos para coñecer a traxectoria vital de Cunqueiro nos anos cincuenta. Chegamos ata a ”Praza de San Xoan”, onde se atopa a escultura de Manuel Leiras Pulpeiro, a quen o poeta e dramaturgo mindoniense tanto admiraba. 

Seguimos o roteiro visitando a “Alameda dos Remedios” para falar do Bispo Sarmiento e de Luís de Luaces. Esta última foi a persoa que se coñece organizou a primeira “Festa da Árbore” en España no século  XV. Visitamos o “Santuario dos Remedios” por fóra e desde aí vimos os picos. 

Chegamos ao cemiterio onde está enterrado Álvaro Cunqueiro, ademais de Pascual Veiga. Continuamos pola Igrexa Parroquial de Santiago, onde Cunqueiro foi bautizado. E volvemos cara a Casa Museo de Álvaro Cunqueiro, a cal visitamos en grupos reducidos. 

Moitas grazas Claudia por descubrirnos curiosidades da vida e obra de Cunqueiro. Pola emoción que transmites falando do dramaturgo e novelista mindoniense. Un luxo contar con guías coma ti en “A Mariña en Ruta”.