
17 Ago RIOTORTO, OUROL e VIVEIRO: do 1 ao 6 de setembro
13) “A MINERÍA DE OURO EN RIOTORTO”, 1 de setembro do 2020 con Francisco Canosa.
Francisco Canosa é Licenciado en xeoloxía pola Universidade de Salamanca e Doutor en xeoloxía pola Universidade de Oviedo. Cursou un Máster en Recursos Xeolóxicos e Xeotécnia e é director científico do proxecto “Xeoparque do Cabo Ortegal”. Conta con 20 anos de experiencia como guía en saídas xeolóxicas e docencia de xeoloxía en diferentes niveis educativos e universitarios ás súas costas. É creador e coordinador de “ Georutas” nos concellos de Ribadeo, Burela, Cedeira, Moeche, Ortigueira, O Vicedo, San Sadurniño e Nigrán. Ademais de socio da AEPECT (Asociación Española para o Ensiño das Ciencias da Terra) e da Sociedade Xeolóxica de España. Organizador do “Geolodía” en Galicia desde o 2013. Membro da Comisión de Patrimonio Xeolóxico do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España. Colaborador e docente nos Centros de Formación e Recursos de Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Autor de diferentes publicacións no ámbito da divulgación da xeoloxía de Galicia.
Redes sociais e páxina web:
Facebook: Francisco Canosa.
Instagram: @ francanosageologo.
Páxina web: https://rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com.es
“A minería de ouro en Riotorto” permitiranos coñecer un pouco máis sobre a minería romana que se desenvolveu na zona, descubrindo tanto o método de exploración como o de explotación. A día de hoxe aínda é visible no terreo os restos desa actividade mineira, o que axudará a entender mellor como funcionaba unha mina de ouro romana.
Municipio: Riotorto.
Data: 1 de setembro do 2020.
Hora de inicio: 17:00 hs.
Duración: 2 horas.
Lugar de inicio: Gasolineira “Cepsa” de Riotorto. Rúa Alcalde Castrín 10 (Riotorto).
Dificultade: Media.
Observacións: Uso de roupa e calzado cómodo. Gorra e crema solar ou chaqueta impermeable (roupa acorde coa meteoroloxía do día). Auga.
Prazas dispoñibles: 15.
14)“OUROL INDIANO Y NATURAL”, 2 de setembro do 2020 con Noela Feal.
Noela Feal é Diplomada en Turismo e guía oficial de turismo de Galicia acreditada en 4 idiomas (inglés, francés, castelán e galego). Docente de Formación Profesional e directora de establecementos turísticos. Leva máis de 18 anos vinculada ao turismo de Galicia. Posúe ademais experiencia como técnica de turismo no concello de Viveiro. Profesional responsable e traballadora que conta con cantidade de formación relacionada con Artesanía, Historia, Arqueoloxía Marítima, así como en Divulgación dos recursos pesqueiros de Galicia.
Redes sociais:
Facebook: Sr. María Guía Turística, @ guiasramaria.
“Ourol Indiano e natural” é un roteiro de 4´5km na que coñeceremos o patrimonio cultural e natural de Ourol. Sairemos da Casa do Concello e camiñaremos polas rúas de Ourol descubrindo as curiosidades dalgunhas das casas indianas do pobo. Visitaremos tamén a igrexa de Santa María e o cemiterio. Á volta, colleremos os coches para acabar a visita na preciosa fervenza do río Xestosa, un paseo de 250 metros en descenso.
Municipio: Ourol.
Data: 2 de setembro do 2020.
Hora de inicio: 11:00 hs.
Duración: 2 horas.
Lugar de inicio: Casa do Concello de Ourol. RúaMesón s/n (Ourol).
Dificultade: Baixa.
Observacións: Uso de roupa e calzado cómodo. Gorra e crema solar ou chaqueta impermeable (roupa acorde coa meteoroloxía do día). Auga. Pódese levar roupa de baño.
Prazas dispoñibles: 15.
15)“SOUTO DA RETORTA, VIVEIRO”, 3 de septembro do 2020 con Noela Feal.
Noela Feal é Diplomada en Turismo e guía oficial de turismo de Galicia acreditada en 4 idiomas (inglés, francés, castelán e galego). Docente de Formación Profesional e directora de establecementos turísticos. Leva máis de 18 anos vinculada ao turismo de Galicia. Posúe ademais experiencia como técnica de turismo no concello de Viveiro. Profesional responsable e traballadora que conta con cantidade de formación relacionada con Artesanía, Historia, Arqueoloxía Marítima, así como en Divulgación dos recursos pesqueiros de Galicia.
Redes sociais:
Facebook: Sr. María Guía Turística, @ guiasramaria.
Nun marco natural incomparable, o paseo polo “Souto da Retorta” invita a desconectar, a encontrar a paz e a coñecer a árbore máis grande de España, un eucalipto de máis de 100 anos. Coñeceremos a historia desta paraxe, entrelazándoa coa historia da fábrica de Chavín. Turismo de natureza e industrial unidos e interrelacionados.
Municipio: Viveiro.
Data: 3 de setembro do 2020.
Hora de inicio: 11:00 hs.
Duración: 2 horas.
Lugar de inicio: Frente á “Taberna do Avó”, Chavín (Viveiro).
Dificultade: Baixa.
Observacións: Uso de roupa e calzado cómodo. Gorra e crema solar ou chaqueta impermeable (roupa acorde coa meteoroloxía do día). Auga.
Prazas dispoñibles: 15.