Outubro, mar e montaña en A Mariña en Ruta

Comeza o outono e con él chegan novas rutas para seguir descubrindo diferentes recunchos da Mariña Lucense. Este mes propoñémosche combinar mar e montaña para gozar ao máximo deste maravilloso entorno a través de dúas rutas de natureza.

17 de outubro, Foz – “O que a marea esconde, interpretación dun ecosistema intermareal”, con Ana de Lara

 

Descrición do roteiro: Trátase dun roteiro de interpretación da fauna e flora intermareal dun ecosistema costeiro característico da Mariña Lucense. A ruta é circular con inicio e fin no Castro de Fazouro (Concello de Foz), asentamento castrexo que data do século II. Dende alí iniciaremos a andaina seguindo o Camiño Natural da Ruta do Cantábrico ao pe da praia de Arealonga e atravesando o portiño de Nois, antigo porto baleeiro. As pizarras e xistos que esculpen este precioso tramo de costa nos levan ata a praia de Polas e Xuncos, onde accederemos ao areal e ao espléndido ecosistema rochoso intermareal que nos deixa ao descuberto unha das maiores mareas baixas do ano. As charcas rochosas forman verdadeiros ecosistemas mariños en miniatura cunha enorme biodiversidade para moitos descoñecida. Acompañados de Ana de Lara, bióloga mariña, coñeceremos en detalle os segredos sobre a fauna e a flora desta zona antes de retomar o camiño de volta.

 

Município: Foz

Data: 17 de outubro

Hora de inicio: 10:30h

Duración: 3h

Lugar de inicio: Castro de Fazouro

Lonxitude: 6,5 km

Dificultade: Fácil

Trazado: Cirular

Observacións: Traer roupa adecuada á meteoroloxía e calzado cómodo, preferiblemente botas impermeables e suela de goma para camiñar polas rocas e evitar esvarar.

Ana de Lara é Bióloga Mariña, especializada en Biodiversidade e Conservación Mariña. Docente de Bioloxía en educación secundaria e bacharelato. Coordinadora de Tantak, organización sen ánimo de lucro para o estudo e conservación de ecositemas mariños así cómo o desenvolvemento sostible. Dive Master e mergulladora científica. Apaixoada do mar e da divulgación ambiental, que a levaron a participar e coordinar numerosos proxectos a nivel nacional e internacional.

Redes sociais: @anadelara87 @tantak.eu

Páxina web: www.tantak.eu

 

23 de outubro, Mondoñedo e Alfoz – “A berrea, camiñando en terra de cervos”, con Pedro Rolle

 

Descrición do roteiro: Esta ruta ten como punto de partida “A Ponte de A Fraga Vella”. Os primeiros cincocentos metros camiñaremos por estrada asfaltada, o resto da ruta seguirá o trazado dunha pista de terra moi sinxela de camiñar, sen obstáculos nin zonas húmidas. No seu percorrido cruzaremos un pinar de montaña, composto por matorral baixo, pinos e frondosas autóctonas, dende o que gozaremos dunhas preciosas vistas dos pequenos vais fluviais e dos afloramentos rochosos típicos destas serras.

Durante o traxecto, iremos bordeando o peche da finca onde se encontran os cervos, aínda que por todo o trazado da ruta poderemos velos, xa que exemplares desta especie viven fóra do recinto. Xa no lugar dos Agros, e enfrente a unha explotación mineira en desuso, atópase a “Fragas das Vigas”, final da ruta e punto de regreso.

En toda a ruta poderemos, ademáis, gozar da maxestuosa beleza dos voitres leonados, presentes nestas serras do norte da provincia de Lugo durante todo o ano.

 

Municipio: Mondoñedo e Alfoz

Data: 23 de outubro

Hora de inicio: 16:30h

Duración: 3h

Lugar de inicio: A Ponte da Fraga Vella

Lonxitude: 5,5 km

Dificultade: Fácil

Trazado: Cirular

Observacións: Uso de roupa e calzado cómodo, preferiblemente impermeable. Auga. Prismáticos e en caso de ter algún libro de fauna (aves, insectos) e/ou flora.

Pedro Rolle é Guía de Natureza. Así como Técnico en traballos forestais e Técnico en conservación do medio natural. Formador ocupacional, capataz agrícola e forestal. Profesional apaixonado e traballador que coñece especialmente ata o último recuncho Alfoz e O Valadouro. Moi coñecido en toda A Mariña polo seu proxecto persoal “O Freixo Dos Lobos, Ecoturismo e Natureza” que ten como obxectivo concienciar á poboación da importancia de conservar e respecta-lo medio ambiente. Poñendo en valor os recursos naturais mediante o coñecemento da súa contorna. Ten catro anos de experiencia como organizador e guía-intérprete en roteiros, talleres de natureza e charlas sobre medio ambiente, nos espazos naturais protexidos de A Mariña Lucense.

Redes sociais: Facebook: O Freixo dos Lobos Ecoturismo e Natureza. Instagram y Twitter: @ofreixodoslobos.