“Pozo da Onza, O VALADOURO” 22 de agosto

Onte 22 de agosto tivemos a sétima xornada de “A Mariña en Ruta”, na que realizamos unha camiñada polo “Pozo dá Onza” do Valadouro. Un día asollado de verán no que puidemos gozar acompañados por Pedro Rolle e Guido Álvarez.
Comezamos o roteiro na parroquia de Alaxe (O Valadouro), unha pequena aldea que nos permitiu afastarnos dos núcleos urbanos e ir penetrándonos nos tranquilos camiños da vila. Unha bonita oportunidade para coñecer os encantos e o contexto xeográfico deste val próximo á Serra do Xistral.

Dirixímonos a pié en dirección cara a Pozo dá Onza, un auténtico remanso de paz e tranquilidade. Pasamos á beira do museo do mel, facendo unha mención especial ao excelente mel do Valadouro. Seguimos camiñando entre vexetación, coñecendo as plantas e flores que habitan a nosa contorna. Aprendemos as propiedades da flora autóctona e en especial das que forman a vexetación de ribeira. Observamos as árbores do rego Ferreira e do rego Val dos Infernos. Zonas de gran valor debido á súa alta diversidade biolóxica, que contan con particulares condicións hídricas que favorecen o refuxio de especies propias da zona, como a ra que puidemos observar. E puidemos así poder ver in situ a gran diferenza en canto a biodiversidade entre un bosque de ribeira e unha plantación forestal como son os monocultivos de eucalipto. Aprendemos especies de árbores autóctonas e especies de árbores introducidas; así como a fauna ornitolóxica asociada a estes ecosistemas. Ademais tivemos a sorte de poder ver unha das aves rapaces máis emblemáticas da península, o maxestoso falcón peregrino (Falco peregrinus).

Penetrámonos nos montes do val. Montes poboados de especies arbóreas de uso forestal e con muíños de vento produtores de electricidade. Pasamos polo Pozo dás Moscas, un precioso recuncho deste Roteiro dos Pozos. Chegamos ata o famoso Pozo dá Onza e a impresionante fervenza que recibe o mesmo nome. Foi aí onde quedamos impresionados co potente ruído da auga ao caer desde os aproximadamente 15 metros de altura. Todo o complexo cheo de auga doce, musgo e fentos acompañado das lendas locais ao redor de Pozo dá Onza formaba unha paisaxe natural única.
Por último mesmo puidemos observar algunha singularidade como “os penedos de Alaxe”. Unhas estruturas xeolóxicas excepcionais, formadas por un tipo de granito moi especial que están expostas nunha paraxe natural única.