O VALADOURO e MONDOÑEDO: do 12 ao 30 de setembro

19) “FRAGA DA FURNA, 12 de setembro do 2020 con Óscar Chao.

Óscar Chao é Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Posúe un Máster en Xestión de Sistemas Costeiros e Mariños pola Universidade Autónoma de Barcelona. É Profesor de Bioloxía e Xeoloxía de Educación Secundaria e Bacharelato. Dende o ano 2017 é Coordinador do Proxecto Rebinxe e presidente da “Asociación Rebinxe: pola recuperación da biodiversidade”, organización sen ánimo de lucro centrada no estudo e conservación da fauna e flora locais. Polo seu traballo ou ben desinteresadamente, participa e organiza charlas e exerce como guía en roteiros de observación de fauna e interpretación de ecosistemas dende 2012.

Redes sociais y páxina web: 

Facebook: @Proxecto Rebinxe1

Instagram: proxecto_rebinxe

“Fraga da Furna” é unha ruta de interpretación de ecosistemas característicos da Serra do

Xistral. Pretende ser unha iniciación á procura e interpretación de indicios de presenza de fauna silvestre (pegadas, excrementos, depredacións…). A ruta discorre por unha das fragas mellor conservadas do norte galego, onde analizaremos a súa orixe xeolóxica, a súa fauna e flora asociadas, e comprobaremos o contraste cos ecosistemas de altura e turbeiras de cobertor. Poderemos comprobar a presenza de diferentes especies animais, normalmente esquivas e de hábitos nocturnos, a través de cámaras de foto-trampeo.

Municipio: O Valadouro.

Data: 12 de setembro do 2020.

Hora de inicio: 10:00 hs.

Duración: 3 horas.

Lugar de inicio: Capela de Santa Filomena do Cadramón, O Valadouro. Coordenadas: 43.483430, -7.523549.

Dificultade: Media.

Observacións: A ruta deseñada é de escaso desnivel pero debe terse en conta que cruzaremos un río en diversas ocasións, polo que se recomenda un calzado resistente á auga. Recomendable levar prismáticos, crema solar e repelente de insectos. Suxírese levar roupa axeitada, con pantalón longo. Debido á situación sanitaria derivada do SARS-Cov2, ofrecerase material de consulta e información da ruta para descargar a través de código QR, polo que se o desexan deberán ter instalada nos seus dispositivos unha app de lectura de códigos.

Prazas dispoñibles: 15.

20)“MONDOÑEDO, AS MIL HISTORIAS”, 20 de setiembro do 2020 con Claudia del Pino.

Claudia del Pino, é graduada e postgraduada en Turismo con máis de 20 anos de traballo no sector como informadora, docente,  planificadora e guía oficial de Galicia.

“Mondoñedo, as mil historias” trátase dun paseo cultural por Mondoñedo para coñecer mellor o amplo e valioso patrimonio desta cidade, capital dunha das sete provincias do Antigo Reino de Galicia, e un dos seus barrios máis emblemáticos: o Barrio dos Muíños, onde unha sorpresa moi artesanal, espera por nós!

Municipio: Mondoñedo.

Data: 20 de setembro do 2020.

Hora de inicio: 10:30 hs.

Duración: 2 horas e media.

Lugar de inicio: Praza da Catedral (Mondoñedo).

Dificultade: Leve.

Observacións: Uso de roupa e calzado cómodo (non fai falta impermeable, non imos andar por zonas  encharcadas). Gorra e crema solar (zona de montaña aberta). Auga.

Prazas dispoñibles: 15.

21)“ROTEIRO CUNQUEIRIANO, MONDOÑEDO”, 26 de setembro do 2020 con Claudia del Pino.

Claudia del Pino, é graduada e postgraduada en Turismo con máis de 20 anos de traballo no sector como informadora, docente,  planificadora e guía oficial de Galicia.

“Roteiro Cunqueiriano, Mondoñedo” trátase dun paseo cultural percorrendo recunchos de Mondoñedo relacionados coa vida e obra do gran escritor Álvaro Cunqueiro Mora. Desde a Fonte Vella, fronte á que sitúa a Casa Natal do autor, e ata o Cemiterio Vello onde repousan os seus restos, visitaremos esta cidade definida pola arte e a historia, coa intención de entrar na súa máxica atmosfera literaria.

Municipio: Mondoñedo.

Data: 26 de setembro do 2020.

Hora de inicio: 10:30 hs.

Duración: 3 horas.

Lugar de inicio: Fonte Vella, Rúa da Fonte 6 (Mondoñedo).

Dificultade: leve

Observacións: Uso de roupa e calzado cómodo (non fai falta impermeable, non imos andar por zonas  encharcadas). Gorra e crema solar (zona de montaña aberta). Auga.

Prazas dispoñibles: 15.