“O Ribadeo dos comerciantes”, con Sofía López. Ribadeo, 7 de novembro

O pasado sábado 7 de novembro, continuamos co terceiro roteiro da edición de outono de “A Mariña en Ruta” promovido pola Mancomunidade de Concellos de A Mariña Lucense. Baixo o título “O Ribadeo dos comerciantes” da mán de Sofía López descubrimos a historia do casco antigo desta vila para moitos descoñecida. 

 

Durante a camiñata puxémonos en contexto explicando o antigo percorrido da muralla e os principais feitos históricos do pobo, para enlazar coa historia do comercio marítimo. Fomos percorrendo o centro histórico e os seus edificios máis destacados. Grazas ao fermoso día de sol, puidemos deleitarnos coas casas de armadores-comerciantes, facendo especial fincapé nos edificios e espazos relacionados coa puxanza do porto comercial de Ribadeo. Avanzamos ata chegar ao propio porto onde explicamos a súa evolución ao longo dos séculos. Neste paseo guiado tamén comentamos brevemente algunhas das casas blasonadas, dos edificios emblemáticos e dos elementos construtivos propios do recinto histórico. No final do percorrido voltamos ao concello para rematar a xornada de patrimonio cultural pola villa ribadense. Un pracer gozar deste roteiro guiados por Sofía, gran coñecedora dos recunchos e historias de Ribadeo. 

Sofía López é Diplomada en Turismo pola Universidade da Coruña e Máster Oficial en Planificación e Dirección do Turismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou fundamentalmente como informadora turística e Guía de Turismo para o Concello de Ribadeo. Ademais, ten experiencia como Axente de Viaxes e Recepcionista en aloxamentos turísticos.

 

Contacto: 

Facebook: enfoquevisitasguiadas

Instagram:  @enfoque.visitas.guiadas

Instagram:  @enfoque.visitas.guiadas