“LOURENZÁ, a terra do Conde Santo” 28 de agosto

“Lourenzá, a terra do Conde Santo” foi a duodécima camiñada de “A Mariña en Ruta”. Unha xornada asollada do 18 de agosto na que gozamos guiados por  Guido Álvarez e Pedro  Rolle.

Un roteiro a  pié pola contorna de Lourenzá, vila famosa polo tesouro culinario da “faba de Lourenzá”. Pobo que alberga no seu patrimonio xoias do barroco, mosteiros, pazos, etc.

Comezamos o roteiro na praza Linares Rivas, en pleno centro urbano. Onde puidemos ver o contexto xeográfico da xornada e vimos a preciosa ponte romana.

Pasamos á beira do Rio Baos. Fomos pola ribeira descubrindo moitísimas plantas e flores que compoñen a vexetación de ribeira. Aprendendo as características de cada unha, coas súas propiedades medicinais da man de Pedro. Terra de labradores, moi influenciada polo mar (máis que outros municipios do interior da Mariña Lucense), cunha flora e fauna moi diversa e especial.

Paramos no Viveiro Cabaleiros, precioso lugar con gran cantidade de plantas. Así aprendemos a diferenza de vexetación autóctona e vexetación ornamental. 

Seguimos o roteiro facendo un pedazo do camiño norte do Camiño de Santiago. Guido explicounos a importancia do camiño e a súa historia. 

Un luxo poder combinar natureza, historia e patrimonio neste roteiro con profesionais como Pedro e  Guido. Grazas Pedro por todos os anos divulgando sobre a rica natureza da nosa comarca co teu proxecto “O Freixo dous Lobos, Ecoturismo e  Natureza” e por compartir esa paixón con todos nós. E grazas  Guido, por achegarche un pouco máis á terra das túas avoas e achegar o coñecemento cultural aos roteiros.