“Fraga de Vilapena, TRABADA” 24 de agosto

Onte, 24 de agosto foi a oitava xornada do proxecto “A Mariña en Ruta” co roteiro “Fraga  Vilapena, Trabada”. Como sempre, unha camiñada a pé na que gozamos do aire libre e o patrimonio da Mariña Lucense dunha forma respectuosa co medio ambiente. E  que mellor maneira de facelo que da man de Óscar Chao, Biólogo. Ademais de coordinador de  Proxecto  Rebinxe e presidente da “Asociación  Rebinxe:  pola recuperación dá  biodiversidade”, organización sen ánimo de lucro centrada no estudo e conservación de fauna e flora locais desde o ano 2017. 

Durante o roteiro puidemos aprender o valor do patrimonio natural da “Fraga de  Vilapena”. Unha  fraga que ten sobre todo un gran valor ecolóxico a nivel de especies vexetais, pero moi degrada e cunha presión na contorna debida sobre todo á plantación de  monocultivos de eucalipto. Por todo iso, esta camiñada serviu para poder ensinar, concienciar e poñer en valor esta contorna única que debemos protexer.

Puidemos observar a rica vexetación que forma o bosque húmido atlántico. Desde diversidade de musgos, ata fentos, pasando por árbores autóctonas. Un reduto illado de diversidade de plantas que forman unha contorna natural preciosa. No que ademais puidemos ver varios individuos de fungos de varias especies que xa empezaban a saír:  Boletus  edulisCantharellus  sp., etc.

E por último aprendemos a incrible técnica que serve para observar fauna salvaxe autóctona que adoita ser difícil de ver xa sexa polos seus hábitos  esquivos en presenza de humanos ou polos seus hábitos nocturnos: o foto- trampeo. Óscar deixou cámaras camufladas en puntos estratéxicos gravando durante ao redor de 20 días na contorna da  fraga. Grazas a elas puidemos ver os animais que habitan a zona que nós visitamos onte. Unha simpática  xeneta, un  hurón, un corzo, un xabaril, etc. Diferentes animais que habitan na nosa comarca, facendo dela un lugar único cun gran valor natural que todos debemos preservar para protexer toda esa fauna e flora que habita na  fraga e ademais poder seguir gozando dunha maneira sostible.