Finaliza a edición de outono de “A Mariña en Ruta”

O pasado 13 de decembro remataron os roteiros programados na edición de outono de “A Mariña en Ruta” cunha excelente acollida. O proxecto, promovido pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, e coordinado pola empresa de ecoturismo Maremasma, puxo en valor o patrimonio cultural e natural da Mariña Lucense con 7 roteiros únicos durante os meses de outubro, novembro e decembro 2020 marcado polo Covid19. 

Nas diferentes propostas de contidos e temáticas, percorremos as rúas do casco histórico e coñecimos a historia dos comerciantes de Ribadeo, a natureza dos cervos salvaxes de A Fraga Vella entre Mondoñedo e Alfoz, pasando pola riqueza xeolóxica das rochas que viron nacer Galicia en Ourol, o patrimonio arqueolóxico de Xove ou a historia baleeira de Cervo, entre outros. Roteiros a pé para disfrutar ao aire libre e diversificar a oferta do xeodestino en base a aspectos menos coñecidos da comarca nos diferentes municipios que a conforman.

Un total de 37 persoas asistiron ao longo do proxecto, completando así tódalas prazas dispoñibles de a edición de outono de “A Mariña en Ruta”. Persoas de diferentes idades e destinos de procedencia participaron tanto soas, como en parella ou en grupos. A maioría dos participantes foron do municipio de Lugo, seguidos de Madrid, Foz, Santiago, Valdoviño, Viveiro, Burela e Barreiros entre outros. Do total de participantes, o 20,69% realizaron os roteiros en grupos de 3 ou máis membros, o 20,59% viñeron en parella e o 51,72% apuntáronse ás actividades sós. Tendo en conta o sexo e idade, o 65,5% dos participantes foron mulleres, respecto o 34,5% de homes, cunha idade media no conxunto de 50 anos. Cabe destacar o gran número de persoas que quedou sin poder asistir debido ás restriccións no número de participantes pola crise do Covid19. Un total de 168 persoas quedaron en lista de espera, o que é indicativo do gran éxito acadado.

Os datos das enquisas non deixan lugar a dúbidas: o 100% repetiría a experiencia, o 100% cre que esta iniciativa dinamiza a oferta turística, o 100% cre que debería seguir no tempo e o 100% recomendaría o roteiro realizado. Cunha valoración media da organización de 9.6, dos roteiros 9.4 e da iniciativa no seu conxunto de 9.9 sobre 10. Do mesmo xeito, as valoracións dos participantes cara os guías e axentes locais foron excelentes, cunha puntuación media de 9.8 sobre 10. 

Agradecemos enormemente a boa acollida do proxecto e esperamos vernos moi pronto con novas propostas e iniciativas.