
26 Nov Decembro: arqueoloxía e xeoloxía en A Mariña en Ruta
Hoxe presentámosvos os últimos roteiros desta edición de outono de “A Mariña en Ruta”. Neste mes de decembro propoñémosvos descubrir a arqueoloxía e xeoloxía descoñecida de A Mariña Lucense a través de dúas propostas.
1) “Andaina pola paisaxe cultural de Portocelo”, 5 de decembro do 2020 con David Fernández.
Descrición do roteiro: Percorreremos a través dunha ruta circular o contorno costeiro de Portocelo. Nesta zona de alto valor paisaxistico, poñeremos atención ao patrimonio cultural da contorna, falando de lendas, historia e arqueoloxía. Durante o roteiro interpretativo visitaremos os xacementos de Monte Castelo e San Tirso de Portocelo, este último recentemente excavado e do que falaremos máis devagar da súa historia.
Concello: Xove.
Data: 5 de decembro del 2020.
Hora de inicio: 10:00 hs.
Duración: 3 horas aproximadamente.
Lugar de inicio: Praia de Portocelo.
Lonxitude: 5 km.
Dificultade: Media.
Trazado: Circular.
Observacións: Traer roupa axeitada á meteoroloxía e calzado cómodo. Auga. Pódense traer prismáticos e bastóns de monte.
David Fernández é Arqueólogo. Conta con máis dunha década de experiencia en arqueoloxía de xestión, especializado en arqueoloxía naútica e subacuática. Director do proxecto arqueolóxico realizado recentemente en San Tirso de Portocelo (Xove).
Contacto:
Páxina web: https://usc-es.academia.edu/DavidAbella
Blog: https://argologia.blogspot.com/
Facebook: David Abella
2) “Unha ollada ás rochas que viron nacer Galicia”, 13 de decembro do 2020 con Francisco Canosa.
Descrición do roteiro: Na zona de Ourol atopamos varios lugares cun salientable patrimonio xeolóxico, coma poden ser a presenza das rochas máis antigas de Galicia ou unha das fallas máis importantes da Península Ibérica, a falla de Viveiro. Todo isto permítenos coñecer moito mellor o pasado xeolóxico de Galicia e que grandes acontecementos producíronse dende entón.
Concello: Ourol.
Data: 13 de decembro del 2020.
Hora de inicio: 10:30 hs.
Duración: 2 horas aproximadamente.
Lugar de inicio: Concello de Ourol.
Lonxitude: 3 km.
Dificultade: Baixa.
Trazado: Circular.
Observacións: É obrigatorio traer chaleco reflector. Traer roupa axeitada á meteoroloxía e calzado cómodo. Auga. Pódense traer bastóns de monte.
Francisco Canosa é Licenciado en xeoloxía pola Universidade de Salamanca e Doutor en xeoloxía pola Universidade de Oviedo. Cursou un Máster en Recursos Xeolóxicos e Xeotécnia e é director científico do proxecto “Xeoparque do Cabo Ortegal”. Conta con 20 anos de experiencia como guía en saídas xeolóxicas e docencia de xeoloxía en diferentes niveis educativos e universitarios ás súas costas. É creador e coordinador de “ Georutas” nos concellos de Ribadeo, Burela, Cedeira, Moeche, Ortigueira, O Vicedo, San Sadurniño e Nigrán. Ademais de socio da AEPECT (Asociación Española para o Ensiño das Ciencias da Terra) e da Sociedade Xeolóxica de España. Organizador do “Geolodía” en Galicia desde o 2013. Membro da Comisión de Patrimonio Xeolóxico do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España. Colaborador e docente nos Centros de Formación e Recursos de Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Autor de diferentes publicacións no ámbito da divulgación da xeoloxía de Galicia.
Contacto:
Páxina web: https://rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com.es
Facebook: Francisco Canosa.
Instagram: @ francanosageologo.