BURELA e FOZ: do 13 ao 18 de agosto

4) “PASEO XEOLÓXICO, FOZ”, 16 de agosto do 2020 con Francisco Canosa.

 

Francisco Canosa é Licenciado en xeoloxía pola Universidade de Salamanca e Doutor en xeoloxía pola Universidade de Oviedo. Cursou un Máster en Recursos Xeolóxicos e  Xeotécnia e é director científico do proxecto “Xeoparque  do Cabo Ortegal”. Conta con 20 anos de experiencia como guía en saídas xeolóxicas e docencia de xeoloxía en diferentes niveis educativos e universitarios ás súas costas. É creador e coordinador de “ Georutas” nos  concellos de Ribadeo, Burela, Cedeira, Moeche, Ortigueira, O Vicedo, San Sadurniño e Nigrán. Ademais de socio da  AEPECT (Asociación Española para o Ensiño das Ciencias da Terra) e da Sociedade Xeolóxica de España. Organizador do “Geolodía” en Galicia desde o 2013. Membro da Comisión de Patrimonio Xeolóxico do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España. Colaborador e docente nos Centros de Formación e Recursos de Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Autor de diferentes publicacións no ámbito da divulgación da xeoloxía de Galicia.

 

Redes sociais e páxina web: 

Facebook: Francisco Canosa.

Instagram: @ francanosageologo.

Páxina web:  https://rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com.es 

 

A contorna da ría de Foz ten numerosos lugares con interese xeolóxico, por iso proponse facer este paseo polas súas inmediacións para coñecer un pouco máis sobre a orixe e evolución das rocas que aquí se atopan. O “Paseo xeolóxico, FOZ” é un roteiro circular no que coñeceremos as estructuras xeolóxicas e as pediccións dos cambios que se van a producir no seu futuro máis próximo.

 

Municipio: Foz.

Data: 16 de agosto do 2020.

Hora de inicio: 10:00  hs.

Duración: 3 horas.

Lugar de início: Escola Municipal de Música, Foz.

Dificultade: Baixa.

Observacións: Uso de roupa e calzado cómodo. Gorra e crema solar ou chaqueta impermeable (roupa acorde coa meteoroloxía do día). Auga. 

Prazas dispoñibles: 15.

5)“ROTEIRO BOTÁNICO, BURELA”, 17 de agosto do 2020 con Pedro Rolle e Guido Álvarez.

 

Pedro  Rolle é Guía de Natureza. Así como Técnico en traballos forestais e Técnico en conservación do medio natural. Formador ocupacional, capataz agrícola e forestal. Profesional apaixonado e traballador que coñece especialmente ata o último recuncho Alfoz e O Valadouro. Moi coñecido en toda A Mariña polo seu proxecto persoal “O Freixo Dos Lobos, Ecoturismo e Natureza” que ten como obxectivo concienciar á poboación da importancia de conservar e respecta-lo medio ambiente. Poñendo en valor os recursos naturais mediante o coñecemento da súa contorna. Ten catro anos de experiencia como organizador e guía-intérprete en roteiros, talleres de natureza e charlas sobre medio ambiente, nos espazos naturais protexidos de A Mariña Lucense.

Redes sociais e páxina web: 

Facebook: O Freixo dos Lobos Ecoturismo e Natureza.

Instagram e Twitter: @ ofreixodoslobos. 

 

Guido Álvarez é Guía Oficial de Turismo de Galicia acreditado en 5 idiomas (inglés, francés, italiano, castelán e galego). Diplomado en Turismo (UDC), e con Máster Interuniversitario Oficial en Xestión e Planificación do Turismo (USC) e Máster Europeo en Paisaxes Culturais (Universidades Jean  Monnet, Federico II e  Stuttgart). Posúe 16 anos de experiencias laborais e académicas no mundo do Turismo,  incluídos 4 anos no estranxeiro (Inglaterra, Francia, Italia e Alemaña).

Redes sociais e páxina web: 

Facebook:  Guido Guía.

Instagram e Twitter: @ guidoalvarezp.

Páxina web: www.guidoalvarezparga.com

 

“Roteiro Botánico, Burela” é de 4´35km e de trazado circular. Este roteiro é unha mui boa oportunidade para coñecer as plantas e animais que habitan os montes de Burela e, de paso, disfrutar da natureza facendo deporte. As especies máis representativas destes ecosistemas forestais, son o eucalipto (en distintas variedades), especie mui común na Mariña e outras árbores coma o piñeiro e a acacia. Ademais coñeceremos varias especies herbáceas que, na súa maioría son usadas como plantas medicinais. A fauna máis representativa son as aves forestais, coma o miñato, o gaio, o merlo ou o corvo pequeño. Así coma reptís, anfibios e insectos relacionados con estes ecosistemas.

É unha camiñata sinxela, con algunha que outra pendente. De desnivel medio pero de pouca distancia, o que non supón moita dificultade. Na súa maioría o trazado é por pista forestal con firme irregular nalgúns puntos, pero sin obstáculos importantes e sin zoas húmidas.

 

Municipio: Burela.

Data: 17 de agosto del 2020.

Hora de inicio: 10:00 hs.

Duración: 3 horas.

Lugar de inicio: Zona Vila do Medio, Burela.

Dificultade: Baixa.

Observacións:  Uso de roupa e calzado cómodo (non fai falta impermeable, non imos andar por zonas  encharcadas). Gorra e crema solar (zona de montaña aberta). Auga. Prismáticos e en caso de ter algún libro de fauna (aves, insectos) e/ou flora.

Prazas dispoñibles: 25.