BARREIROS e O VALADOURO: do 19 ao 22 de agosto

6) “ECOSISTEMAS DA PRAIA DE AREALONGA, BARREIROS”, 19 de agosto do 2020 con Óscar Chao.

 

Óscar Chao é Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Posúe un Máster en Xestión de Sistemas Costeiros e Mariños pola Universidade Autónoma de Barcelona. É Profesor de Bioloxía e Xeoloxía de Educación Secundaria e Bacharelato. Dende o ano 2017 é Coordinador do Proxecto Rebinxe e presidente da “Asociación Rebinxe: pola recuperación da biodiversidade”, organización sen ánimo de lucro centrada no estudo e conservación da fauna e flora locais. Polo seu traballo ou ben desinteresadamente, participa e organiza charlas e exerce como guía en roteiros de observación de fauna e interpretación de ecosistemas dende 2012.

Redes sociais y páxina web: 

Facebook: @Proxecto Rebinxe1

Instagram: proxecto_rebinxe

 

“Ecosistemas da Praia de Arealonga” é un roteiro Interpretativo dos ecosistemas dunha praia. Analizaremos a orixe xeolóxica do areal e a existencia de turbeiras e solos fósiles. Comprobaremos o funcionamiento das mareas no mar Cantábrico e poderemos observar a fauna e flora do ecosistema dunar. Na zona intermareal estudaranse as adaptacións de diferentes especies ante as duras condicións ás que se ven sometidas durante os ciclos de mareas, identificando os principais grupos de algas e animais.

Municipio: Barreiros.

Data: 19 de agosto do 2020.

Hora de inicio: 10:00 hs.

Duración: 2 horas.

Lugar de inicio: Marxe oeste da Praia de Arealonga, Barreiros. Coordenadas: 43.557629, -7.178485.

Dificultade: Baixa.

Observacións: Dado que analizaremos un intermareal, recoméndase bañador ou pantalón curto e un calzado axeitado como escarpíns, sandalias axustadas ao pé ou calquera outro que proporcione suxeición e que se poida introducir na auga. Recomendable levar crema solar. Debido á situación sanitaria derivada do SARS-Cov2 ofrecerase material de consulta e información da ruta para descargar a través de código QR, polo que se o desexan deberán ter instalada nos seus dispositivos unha app de lectura de códigos.

Prazas dispoñibles: 15.

7)“POZO DA ONZA, O VALADOURO”, 22 de agosto do 2020 con Pedro Rolle e Guido Álvarez.

 

Guido Álvarez é Guía Oficial de Turismo de Galicia acreditado en 5 idiomas (inglés, francés, italiano, castelán e galego). Diplomado en Turismo (UDC), e con Máster Interuniversitario Oficial en Xestión e Planificación do Turismo (USC) e Máster Europeo en Paisaxes Culturais (Universidades Jean  Monnet, Federico II e  Stuttgart). Posúe 16 anos de experiencias laborais e académicas no mundo do Turismo,  incluídos 4 anos no estranxeiro (Inglaterra, Francia, Italia e Alemaña).

Redes sociais e páxina web: 

Facebook:  Guido Guía.

Instagram e Twitter: @ guidoalvarezp.

Páxina web: www.guidoalvarezparga.com

Pedro  Rolle é Guía de Natureza. Así como Técnico en traballos forestais e Técnico en conservación do medio natural. Formador ocupacional, capataz agrícola e forestal. Profesional apaixonado e traballador que coñece especialmente ata o último recuncho Alfoz e O Valadouro. Moi coñecido en toda A Mariña polo seu proxecto persoal “O Freixo Dos Lobos, Ecoturismo e Natureza” que ten como obxectivo concienciar á poboación da importancia de conservar e respecta-lo medio ambiente. Poñendo en valor os recursos naturais mediante o coñecemento da súa contorna. Ten catro anos de experiencia como organizador e guía-intérprete en roteiros, talleres de natureza e charlas sobre medio ambiente, nos espazos naturais protexidos de A Mariña Lucense.

Redes sociais e páxina web: 

Facebook: O Freixo dos Lobos Ecoturismo e Natureza.

Instagram e Twitter: @ ofreixodoslobos.

“Pozo da Onza” sae dende a praza de Ferreira, O Valadouro, donde veremos a historia desta vila. Na ruta cara o Pozo da Onza iremos nun tramo a carón do río,donde descubriremos as características das árbores típicas de ribeira Logo de abandoar o cauce do río,adentrarémonos nuns montes compostos de especies arbóreas de uso forestal. Seguiremos o cauce de outro río,O Rego dos Infernos,que nos levará ó Pozo da Onza e á cascada que recibe o mesmo nome. O tramo de regreso farase polo mesmo camiño,desviándonos del por un monte mixto de especies autóctonas e introducidas,así como fauna ornitolóxica asociada a estes ecosistemas.

 

Municipio: O Valadouro.

Data: 22 de agosto del 2020.

Hora de inicio: 10:00 hs.

Duración: 2 horas e media.

Lugar de inicio: Avenida de Viveiro, 37. O Valadouro) https://maps.app.goo.gl/GgxSHYkZHCfju5rJA

Dificultade: Baixa.

Observacións: Uso de roupa e calzado cómodo (non fai falta impermeable, non imos andar por zonas  encharcadas). Gorra e crema solar (zona de montaña aberta). Auga. Prismáticos e en caso de ter algún libro de fauna (aves, insectos) e/ou flora.

Prazas dispoñibles: 25.