“As mil historias, MONDOÑEDO” 20 de setembro

Hoxe, 20 de setembro foi a  anteúltima xornada de “A Mariña en Ruta”. Visitamos Mondoñedo da man de Claudia del Pino,  guía oficial de Galicia. Claudia coñece ao detalle todas as reviravoltas e cada unha das historias que esconden as rúas de Mondoñedo. E así nos transmitiu hoxe parte dese coñecemento no roteiro “As mil historias de Mondoñedo”. 

Realizamos un paseo cultural polo bonito centro histórico da vila. Comezamos aprendendo as curiosidades da arquitectura da Catedral de Mondoñedo. Desde onde partimos cara a Fonte Vella, de Álvaro Cunqueiro. A continuación, chegamos ao precioso barrio artesanal Dos  Muiños. Camiñando entre talleres de artesáns, chegamos ao famoso Ponte do  Pasatempo, testemuña do feito histórico do  Mariscal Pardo de Cela e a súa esposa Isabel de Castro.

E como non podía ser doutra maneira, entramos a ver unha das labores dos artesáns, o taller de “Mircromina Teatro de Monicreques”. Puidemos coñecer o laborioso proceso creativo de cada monicreque e cada obra da man de Toni Arenas. Quen nos deleitou ademais cunha pequena obra chea de humor que logrou arrincar o sorriso a grandes e pequenos.

Seguimos o roteiro visitando o Museo da Imprenta en exclusiva para nós. Puidemos comprobar a importancia que tivo a industria da imprenta en Mondoñedo. A exposición con máquinas de gran valor permitiunos coñecer a evolución da imprenta mecánica, desde máquinas fabricadas en Bélxica a finais do século XIX; ata a Minerva Hispania  semiautomática, cuxo uso permitiu acurtar considerablemente o tempo de impresión. 

Tras esta visita, percorremos a Rúa da Ponte, para ver o trazado da antiga muralla medieval que nos leva ata a praza do Concello. Alí falamos sobre a Igrexa Parroquial de Santiago e entramos no Concello para ver o impoñente escudo do bispo Sarmiento. Desde alí, voltamos á praza da Catedral xunto a Cunqueiro, para poder contemplar a súa fachada e a maravillosa “Selva de Esmelle”

Mil grazas Claudia por compartir os segredos que esconde a vila de Mondoñedo. Pola paixón que transmites falando das súas xentes e as súas lendas. Un luxo contar con profesionais como ti na nosa comarca.