“A Berrea, camiñando en Terra de Cervos”, con Pedro Rolle. Mondoñedo e Alfoz, 23 de outubro

O pasado venres 23 de outubro continuamos cos roteiros de outono de A Mariña en Ruta, promovidos pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense. No roteiro “A Berrea, camiñando en terra de cervos”, viaxamos xunto con Pedro Rolle, polos montes da Fraga Vella entre Mondoñedo e Alfoz para rodearnos da maxia do outono nun entorno natura único na Mariña.

Durante o percorrido camiñamos por pistas de terra entre montes de pino, Erica e pastos, contemplando as maravillosas vistas da Fraga Vella. Neste paraxe, inmerso nun val rodeado pola serra do Xistral,  a natureza prospera entre carballeiras e turbeiras, albergando una gran biodiversidade de fauna e flora. No outono, os cervos da Fraga comezan a Berrea, que marca o inicio da época de celo desta especie, enchendo de bramidos cada rincón en busca de femias e marcando o liderazgo entre os machos. Avanzando cara os Agros, a paixase torna dos tonos alaranxados do outono no bosque, cara os verdes dos pastos. No final do percorrido, e despois de contemplar cervos, voitres, anfibios, insectos, desfrutamos das espectaculares vistas nesta época do ano da Fraga das Vigas, e ó lonxe Pena Montol. Todo un lunxo poder estar acompañados de Pedro Rolle, un dos referentes na divulgación da natureza da Fraga Vella.

 

Pedro Rolle é Guía de Natureza. Así como Técnico en traballos forestais e Técnico en conservación do medio natural. Formador ocupacional, capataz agrícola e forestal. Profesional apaixonado e traballador que coñece especialmente ata o último recuncho Alfoz e O Valadouro. Moi coñecido en toda A Mariña polo seu proxecto persoal “O Freixo Dos Lobos, Ecoturismo e Natureza” que ten como obxectivo concienciar á poboación da importancia de conservar e respecta-lo medio ambiente. Poñendo en valor os recursos naturais mediante o coñecemento da súa contorna. Ten catro anos de experiencia como organizador e guía-intérprete en roteiros, talleres de natureza e charlas sobre medio ambiente, nos espazos naturais protexidos de A Mariña Lucense.

Facebook: O Freixo dos Lobos Ecoturismo e Natureza.

Instagram e Twitter:  @ofreixodoslobos