PRESENTACIÓN

A Mariña Lucense é un enclave único con 114 quilómetros de costa e 18 áreas protexidas, como a Reserva da Biosfera do río Eo, Oscos e Terras do Burón e a Reserva da Biosfera Terras do Miño. Así como Monumentos naturais, ZEC (Zonas de Especial Conservación), ZEPA (Zonas de Especial Protección para as Aves), Humedal de Importancia Internacional RAMSAR, Red Natura,etc.  A gran variedade de espazos de interese natural van desde os arcos rochosos da costa ou as covas do Rei Cintolo (Mondoñedo), pasando polos estuarios e marismas das rías, polos bosques e fragas dos vales fluviais, como a contorna do Río Sor (Ourol) e as turberas da Serra do Xistral entre outros.

Debido á súa riqueza paisaxística ofrece innumerables roteiros a  pé que permiten gozar ao aire libre. “A Mariña en Ruta” nace para dar a coñecer a contorna natural (botánica, ornitoloxía, xeoloxía, etc), histórica e arqueolóxica dous diferentes municipios do xeodestino Mariña Lucense.

O obxectivo principal, ademais de axudar na reactivación da actividade turística, é completar e diversificar a oferta do xeodestino en base ao patrimonio cultural e a natureza, e que os participantes descubran os aspectos menos coñecidos da comarca da man de guías e axentes locais coa realización de roteiros e actividades nos diferentes municipios: Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, O Vicedo, Mondoñedo, Alfoz,   Valadouro, Ourol, Riotorto, A Pontenova, Trabada e Lourenzá.

O proxecto ecoturístico xira entorno a tres eixos fundamentais:

  • Equipo: contamos cos diferentes axentes e profesionais do sector especialistas en cada área de traballo, reunindo un equipo de enorme calidade humana que conforman a base fundamental desta iniciativa.
  • Contidos: elaboramos un programa novo, diferenciador, diverso e inclusivo, creando e reforzando un  produto ecoturístico de calidade. A programación e nivel de dificultade dos roteiros interpretativos é variado adaptándose a todo tipo de públicos.
  • Transversalidade: temos en conta a distribución equitativa das diferentes actividades nos diferentes municipios. Trátase, por tanto, dun proxecto de carácter transversal dende o punto de vista xeográfico.

Para iso deseñáronse unha serie de roteiros de diferentes temáticas e localizacións que terán lugar durante agosto e setembro do 2020, coas seguintes características:

  • Duración: 2-3 h.
  • Prazas: 15 (actividades cun só guía) e 25 (actividades con dous guías).
  • Prezo: 5€ individual / 8€ parella / 12€ familiar ou grupo ata 5 membros.
  • Información e reservas vía formulario de inscrición: